O BNG demanda o arranxo da ponte sobre o Miño en Ombreiro

O BNG no Concello de Lugo demanda que se acomentan as obras necesarias para consolidar as pilastras da ponte sobre o río Miño que une as parroquias de Ombreiro e Bocamaos. Segundo o voceiro da formación, Rubén Arroxo, a estrutura dos piares que soportan a ponte “sufriron danos nas últimas enchentas do río e tamén están seriamente deteriorados os balados existentes nos laterais da ponte”.

O voceiro dos nacionalistas afirmou que se poderían aproveitar as obras para realizar unha ampliación da calzada que permitise o paso de dous vehículos en paralelo. “Esta ponte soporta o paso de moitos vehículos, moitos deles de gran tonelaxe, debido as extraccións de madeira que se fan na zona”, subliñou Rubén Arroxo que esta mañá participaba nun acto reivindicativo na zona cun grupo de veciñas e veciños.

O concelleiro nacionalista cruzou o río nun batuxo. “Esta será a única solución dentro de pouco, se cae a ponte”, bromeou

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com