O BNG denuncia a correos ante a Xunta Electoral por un envío irregular na Pobra do Brollón

O BNG da Pobra do Brollón ven de denunciar ante a Xunta Electoral de Zona, en Monforte, un posible delito electoral cometido dende a Oficina de Correos da Pobra do Brollón. Segundo explicou o responsable comarcal do BNG, Ricardo Rodicio, “detectamos que se comenzaba a facer un envio de propaganda do partido popular que foi depositada na oficina de correos o día 22 de maio, cando o prazo máximo extablecido para facer os depósitos de material de propaganda electoral nas oficinas de correos remataba o pasado 16 de maio”.

Dende o BNG solicítaselle á Xunta Electoral de Zona que se investigue  aos responsables do envío e se abra un expediente sancionador tendo en conta que se pode tratar dunha infracción electoral. Para o BNG “é fundamental que a Xunta Electoral faga un requirimento forma a Correos para que se depuren responsabilidades ante un feito tan grave e propio de épocas predemocráticas”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com