O BNG denuncia o abandono da “N-640 por parte do goberno do estado

Coa instalación dunha serie de carteis reivindicativos denunciaron os nacionalistas o mal estado da N-640 no tramo que une Lugo e Meira. A candidata por Lugo do BNG-NÓS Candidatura Galega, Olalla Rodil, acompañada de concelleiros e concelleiras do BNG dos municipios que atravesa esta estrada na comarca de Lugo, dixo que “A N-640 é o claro exemplo do abandono de Lugo por parte do goberno do estado”.

“Estamos a falar dunha estrada que é a principal comunicación entre Lugo, a Terra Chá, a Mariña e Asturias, que é responsabilidade do Ministerio de Fomento e que está totalmente abandonada” lembrou Olalla Rodil e comprometeuse a trasladar ao Congreso en Madrid as iniciativas necesarias para que o goberno do estado se faga cargo dos arranxo do firme da estrada N-640 (Lugo-Meira).

“O firme da N-640 atópase nun deficiente estado de conservación e esto pode provocar accidentes nesta estrada que asume un importante volume de tráfico” asegurou Olalla Rodil e explicou que “cando chove fórmanse bolsas de auga que se converten nun auténtico perigo para a seguridade vial”.

Para o BNG é necesario facer esta demanda dende todos os concellos que atravesa a estrada N-640 por que o seu mal estado afecta a moita xente destes concellos, da comarca e mesmo ás persoas que transitan dende Lugo cara Asturias”. Rodil lamentou o continuo abandono que o goberno do estado fai da provincia de Lugo e asegurou que existen serias dúbidas de que o propio Ministerio sexa coñecedor do estado real no que se atopa este vial a pesares “de que xa anuciaron proxectos, orzamentos, licitacións e todo tipo de tramites menos a efectivización do arranxo da estrada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com