O BNG denuncia o “abandono” das pistas rurais no concello de Samos

A candidata polo BNG á alcaldía de Samos vén de denunciar o “estado de abandono” no que se atopan as pistas rurais que conectan os núcleos parroquiais de Teivilide e Suñide. Segundo María Xesús López, estas estradas sofren unha total falta de mantemento por parte dos servizos municipais e provinciais.

 A candidata nacionalista afirma que esta situación “insostible” repítese ao longo de todo o concello xa que “durante anos non houbo ningunha reparación das pistas” e que foi a “deixadez” do goberno municipal o que propiciou o mal estado no que se atopan as estradas. As pistas de Samos están, actualmente, cheas de fochancas porque o firme está levantado o que as fai practicamente intransitables. Ademáis as cunetas están repletas de maleza debido á falta de limpeza.

O concello de Samos ten a necesidade de implementar un plan de traballo municipal que vaia máis aló dos “parcheos electoralistas” e se traduza nun arranxo e nunha limpeza integral das pistas do termo municipal así como nun mantemento efectivo das mesmas, aproveitando tamén os recursos de maquinaria local dos que xa se dispoñen, actuando así en beneficio dos veciños.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com