O BNG denuncia o estado do Carril dos Fornos, pavimentado en marzo

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, denunciou o estado da obra recentemente inaugurada polo goberno municipal no Carril dos Fornos, no barrio da Tinería. “Mantense aberto o paso de vehículos que permite que estacionen na zona de xeito completamente irregular e a area invade o adoquinado polo arrastre da choiva e da circulación de vehículos” explicou o voceiro do BNG – AA no concello de Lugo. “Ediles do PSOE correron a facer a foto durante as obras pero non volveron por alí para ver cal foi o resultado e a veciñanza está indignada”, asegurou o voceiro do BNG. 

No mes de marzo deste ano, executaronse as obras de pavimentación dunha parte do Carril dos Fornos, no barrio da Tinería, que estaba en terra. Esta actuación contou con finanzamento do Ministerio de Fomento que aportou o 30 % do importe da obra. Neste momento a area procedente do tramo do Carril dos Fornos que se atopa sen pavimentar invade a parte adoquinada e esto provoca as queixas de veciñas e transeuntes. Para o BNG o concello debería ter unha especial atención a esta zona para que se converta nun verdadeiro atractivo turístico. 

A respecto dos vehículos estacionados nesta zona do Carril dos Fornos Arroxo dixo “algúns deles levan moito tempo alí estacionados sen que ninguén faga nada e outros utilizan este espazo como aparcadoiro cando se trata dunha zona peonil en pleno casco histórico” e indicou que “constanos que o goberno municipal xa recibiu queixas por diferentes vías pero os coches seguen accedendo e estacionando nesta zona do casco histórico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com