O BNG denuncia que o equipamento do auditorio pagarao o Concello

O BNG criticou que finalmente vaia ser o Concello de Lugo de forma encuberta quen pague o equipamento do novo auditorio. Para o grupo nacionalista é un novo incumprimento con Lugo por parte da Xunta, que se suma a outros incumprimentos como os servizos do HULA, ou a Estación Intermodal.

 “A Xunta volve incumprir unha vez máis con Lugo, ata o punto extremo de que finalmente xa non vai ser quen nin de pagar o equipamento do auditorio” dixo

Rubén Arroxo. Dende o BNG explicaron que “ao final o Concello de Lugo, moi necesitado de inversión para solucionar os problemas do municipio e para crear emprego, vai perder 700.000€ cada ano ao deixar de cobrar por varios edificios da Xunta”.

 Para Rubén Arroxo está foi unha decisión que amosa moi pouco peso político por parte da alcaldesa, que permitiu que Feijóo se rise da veciñanza de Lugo “Feijóo fíxolle a Lugo o “timo da estampita” versión PP, e á alcaldesa coloulle”

 Dende o BNG lembran que ata o propio grupo municipal do PP, co seu portavoz incluído, foi moi crítico coa opción de que se fixese este amaño para que ao final sexa Lugo o que pague o equipamento, polo que semella incomprensible que ao final o goberno municipal asuma isto. Para o portavoz do BNG isto só é entendible como “un cazoleo entre PP e PSOE, onde houbo un intercambio de cromos que o resto da xente non temos acceso a ver”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com