O BNG denuncia un deficiente servizo de bus para o Campus ao comenzo do curso

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo lamentou a falta de toma de medidas, por parte do goberno municipal,  para que a empresa adxudicataria do servizo de transporte pública actualice as liñas tal e como figura no contrato. Arroxo sinalou que “no BNG estamos recibindo queixas de estudantes polos retrasos dos buses para chegar ás aulas e o deficiente servizo ao Campus” e engadiu “mantense un bus dando 12.000 voltas a unha rotonda, cun custo de 20.000 €, mentres o estudantado ten un deficiente transporte”.

Para o BNG “non é normal que comence un novo curso sin que se actualice o servizo de buses cara o Campus por que así estaba reflectido no contrato e non se está a cumplir a renovación das liñas”. Rubén Arroxo lembrou como tres liñas de buses que pasan por diante da piscina das Pedreiras van dar a volta á rotonda da Av. de Madrid, na Tolda, cando antes xiraban nas Pedreiras e “mentres se dan estas voltas á rotonda incumprense os horarios para o alumnado que ten chegar a clase cun horario fixo”.

O BNG ven reclamando reiteradamente a falta de interese do goberno municipal a respecto do transporte público, ao igual que os incumprimentos con Lugo. O pasado 26 de xuño fixo un ano dende que, segundo o contrato, tiña que estar funcionando un sistema actualizado de liñas, cuestión que non está a acontecer.

Dende o grupo nacionalista lembran que tanto no pleno de setembro como no de decembro do 2017 aprobouse por unanimidade unha proposición do BNG para que a alcaldesa convocase aos grupos, en menos de 15 días, para explicar porque se mantiña paralizado o proceso de actualización das liñas dos buses, e malia a todo a día de hoxe nin se actualizaron as liñas, nin se convocou aos grupos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com