O BNG denuncia un verquido de augas fecais en pleno Camiño Primitivo

O BNG denuncia a existencia dun verquido de augas fecais no Camiño Primitivo, no chamado Carril da Vía, no barrio da Chanca. Por este motivo, os nacionalistas trasladaránlle ao goberno municipal a necesidade de intervir neste tramo do camiño, o máis próximo a cidade.

Con todo, non é a única deficiencia detectada pola formación. “Ademais da existencia deste verquido comprobamos como a maleza está a tapar parte de sinalización do Camiño Primitivo o que provoca, nalgúns casos, que os peregrinos tomen camiños equivocados”, informou o voceiro da formación Rubén Arroxo. Arroxo engadiu ademais que “hai moitas pequenas melloras que se poden facer con poucos cartos e que mellorarían considerablemente o aspecto do tramo do camiño no concello de Lugo”.

A este respecto, dende o BNG solicitan tamén que se poña en funcionamento unha fonte de auga na zona de chegada do Camiño Primitivo á ronda de Fontiñas. “Parécenos axeitado que nun sitio que se chama Fontiñas se poidan abastecer de auga as persoas que fan o Camiño”, apuntou Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com