O BNG esixe a convocatoria inmediata da Xunta de Portavoces

O BNG esixiu esta mañá en rolda de prensa a traveso do seu voceiro no Concello, Rubén Arroxo, a convocatoria inmediata da Xunta de Portavoces, de xeito que cada forza política poida aportar a súa visión e as súas ideas, de cara a conformación das políticas que levaranse a cabo dende o executivo municipal.

Rubén Arroxo sinalou que “o Concello está paralizado e o PSOE ten que dar pasos para poñer a funcionar o Consistorio xa que a xente necesita que funcione”. O voceiro do BNG-AA afirmou que están a traballar para levar adiante unha proposta que sexa consensuada entre todos os grupos para o Pleno de Organización.

Explicou asemade que a proposta de reducción en gasto político de 250.000 euros anunciada onte polo partido nacionalista, non é inamobible, e que o partido está disposto a negociar. No referente ás dedicacións exclusivas no Consistorio, Arroxo sinalou que eles propoñen unha delas para cada grupo con representación no Concello, “aínda que a partir de ahi, poderíamos tamén chegar a acordos”.

No tocante as acusacións vertidas onte por Lugonovo, nas que afirmaban que PSOE presuntamente mantería na sombra un pacto cos populares, Rubén Arroxo afirmou non ter datos que apoien a versión da plataforma, pero sí afirmou que “de habelos, sería algo insultante, e condicionaría enormemente a relación do BNG co Partido Socialista”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com