O BNG inciou onte unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. Maite Ferreiro destacou a gran resposta e “o alto nivel de concienciación que hai neste tema”. Ferreiro anunciou que a campaña continuará nas seguintes semanas e colocaranse mesas de recollida de sinaturas en diferentes puntos da cidade.
