O BNG inicia un proceso para lograr normalizar en Lugo o uso da bicicleta

O BNG – Asembleas Abertas inicia un proceso para estudar e diseñar un proxecto que permita que as veciñas e veciños de Lugo aposten pola bicicleta como medio de transporte. “Tanto na campaña como na elaboración do noso programa tivemos presente a visión de construír un concello amable ca bicicleta, agora queda traballar para que se execute” apuntou Arroxo.

Para o concelleiro nacionalista lograr este obxectivo “é viable e de pouco custe económico, só se precisa de vontade política”. Apunta tamén a previsión de xuntanzas con colectivos que aposten por este modelo” co fin de dar cas fórmulas óptimas para que o uso deste transporte funcione socialmente. “n Lugo hai movementos que levan anos apostando polo uso da bicicleta, como poida ser a Masa Crítica, son colectivos cos que debemos traballar durante todo este proceso” explicaba Arroxo.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas apuntou tamén que o Concello xa dispón de elementos que poden ser usados para promover a bicicleta, como son os cinco aparcadoiros que hai na zona urbana do antigo sistema de préstamo, “os cales poderían ser usados como aparcadoiros cubertos e vixiados públicos. Ademais o Concello debe de traballar na liña de recuperar dito servizo de préstamo”.

Rubén Arroxo quixo reivindicar tamén con isto unha cidade máis ecolóxica. “Apostamos por un concello sostible, polo que o uso seguro e normalizado da bicicleta como medio de transporte ten que ser unha realidade, tendo en conta ademais que Lugo vai precisar de amplas modificacións no que se refire ao seu modelo de mobilidade.  “En ocasións fálase erroneamente de que Lugo non é unha cidade adaptada para a bicicleta, cando dende a Praza do Rei ata a Piringalla cruzamos unha parte importante da zona urbana a traveso de 4km, ademais de ter un clima similar a moitos países europeos onde o seu uso é habitual” aclarou Arroxo.

O BNG – Asembleas Abertas ten previsto levar adiante este proceso de estudo e xuntanzas durante as vindeiras semanas, co fin de ter un proxecto claro e definido antes do pleno municipal de setembro, polo que tamén chama á participación a todas aquelas persoas ou colectivos que así o desexen.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com