O BNG insta ao Concello que poña a funcionar as luminarias e farolas do Rato

O voceiro do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, trasladará ao Concello de Lugo unha petición para que se poña a funcionar o alumeado público do paseo do Rato na zona de Paradai. Arroxo indicou que a zona que carece de iluminación está situada nas inmediacións dos hortos urbanos da parte alta do Rato “a pesares de que hai farolas instaladas e conectadas á rede dende hai moito tempo“. O voceiro nacionalista denunciou que se fixera o gasto de instalación pero que agora non se dea o servizo pola falta de xestión.

“Nesta zona existen vivendas nas inmediacións e sería unha zona moi utilizada durante as épocas de inverno nas que os días contan con poucas horas de luz”, subliñou Arroxo, e engadiu “para as veciñas e veciños que trasladaron esta cuestión ao BNG-AA, non é entendible que non se dea unha solución para que as luminarias instaladas comecen a funcionar despois de tanto tempo“. Tamén piden a posta en marcha desta iluminación algunhas persoas usuarias dos hortos situados na zona.

Rubén Arroxo denunciou que se está pedindo “a instalación de iluminación en todo o paseo do Rato e onde hai a instalación feita non se pon a funcionar”. Para o BNG – AA os investimentos públicos teñen que dar servizo ás persoas e non servir unicamente para derivar cartos das institucións ás empresas que fan as obras de instalación “dende os gobernos existe a responsabilidade de finalizar e poñer a funcionar todo aquelo que se fai con fondos públicos” concluiu Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com