O BNG insta ao goberno a comezar a construcción das rotondas de San Eufrasio e N-VI

O voceiro do BNG-AA instou ao goberno municipal liderar as necesarias negociacións co goberno da Xunta e do Estado para executar a construción das rotondas da rúa San Eufrasio con Fontiñas e a de Afonso X coa N-VI. Arroxo pediu “que os gobernos da Xunta, Concello e Estado cheguen e dean algún paso para que se fagan estas dúas rotondas tan necesarias” e engadiu “unha vez máis, asistimos á partida de pin-pon entre PP e PSOE que xogan en Santiago e Madrid a pasarse a pelota mentres, en Lugo, pagamos as consecuencias”. 

Rubén Arroxo sinalou que “existe consenso entre todas as forzas sobre a necesidade destas infraestruturas, existe orzamento, aprobáronse numerosas iniciativas en diversos estamentos, pero as rotondas non existen”. Arroxo avanzou “se o BNG tivese a alcaldía, estariamos todos os días petando na porta dos despachos correspondentes para dar solución a este tema” e lamentou “por unha banda, a falta de traballo, e por outra, a falta de implicación do goberno municipal para dar solución aos problemas de Lugo”. Arroxo engadiu que “o PP ten unha única teima que é castigar a Lugo”. 

No caso da rotonda de San Eufrasio “o goberno municipal recoñeceu, en xaneiro, que nin se vai facer a rotonda entre San Eufrasio e Fontiñas, nin o goberno municipal vai acometer o estudo que anunciou para mellorar a fluidez do tráfico en Fontiñas” . O BNG preguntou naquel momento e o goberno municipal admitiu a falta de acordos entre Concello e Xunta para facer rotonda entre San Eufrasio e Fontiñas e o concelleiro responsable, Manuel Núñez, sinalou que a obra demandada non se vai executar de momento. 

A rotonda entre a avenida de Afonso X e a N-VI é necesaria para evitar as constantes colisións que se producen nesta instersección. Arroxo lembrou que a partir deste ano o tráfico incrementarase considerablemente neste punto os días que haxa partidos da liga ACB de baloncesto, ademais de ser necesaria pola gran cantidades que acceden ao Campus Universitario e ás instalacións deportivas da zona .

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com