O BNG lémbralle ao Concello que “están pendente de amaño as rúas de Castro Gil”

Rubén Arroxo, voceiro do BNG no Concello de Lugo, anunciou que presentará unha iniciativa na comisión correspondente para “lembrarlle ao goberno municipal que as rúas da Urbanización de Castro Gil, na Fervedoira, están pendentes de amaño”. Arroxo sinalou que xa se aprobaron iniciativas no Pleno da Corporación e que o propio responsable de infraestruturas lles anunciou aos veciños que “se farían as obras necesarias para mellorar as condicións dos viais”.

Arroxo sinalou que “dende os anos 90 non se fixo ningunha intervención seria neste núcleo do concello no que viven unhas 35 familias”. Neste momento, segundo aseguran  os nacionalistas, rúas e beirarrúas precisan dun arranxo e ademais existe un problema notable de falta coidado do entorno. Arroxo explicou que “entendemos que teñen dereito a que se atendan as súas demandas por que se lles está a cobrar o IBI polas súas vivendas e, ademais, o concello deulles todas as dotacións públicas como alumeado, abastecemento de auga e saneamento, ademais do servizo de recollida de lixo”.

Para o BNG trátase dunha “intervención de baixo custo” xa que as rúas desta urbanización non teñen unha grande lonxitude e, segundo Rubén Arroxo, o concello podería acometer o seu asfaltado sen problema. Arroxo lembrou que “vemos ano tras ano como o goberno municipal non é capaz de gastar o orzamento anual mentres que zonas como esta están abandonadas dende fai moitos anos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com