O voceiro do BNG e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, visitou a Estrada de Cuiña acompañado da edil, Maite Ferreiro, e do voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro. “A veciñanza demanda medidas por que ven como se deteriora o firme da estrada e a posible caída de árbores é un perigo” explicou Arroxo. Neste momento moitas árbores están en perigo de desplome sobre a estrada e xa foron marcadas pola Deputación fai máis dun ano e as raíces levantan o asfaltado.
Arroxo dixo que “tivemos algunha reunións con veciñas e veciños e manifestaron a súa preocupación pola conservación da estrada e polo perigo que supón que che poida caer unha árbore sobre o coche cando transitan pola estrada”. Recentemente caeron varias árbores sobre a estrada e os bombeiros tiveron que cortalas para abrir paso en días de vento. Fai máis dun ano, dende a Deputación, ordenouse a marcaxe das árbores que deben ser taladas pero a día de hoxe aínda non se executou a corta.
Xosé Ferreiro anunciou a presentación dun rogo para que a Deputación resolva os expedientes e se garanta a seguridade no transito pola vía e se evite o deterioro producido polas presenza de árbores que medran na zona de seguridade da estrada.