O BNG presentou a marcha ciclista organizada para celebrar o día internacional da bicicleta que se celebra o 19 de abril. “É unha forma amable de reivindicar a necesidade de reformar a mobilidade nesta cidade, de apostar por unha cidade para as persoas e por espazos de tráfico compartido onde se respecte a ciclistas e peóns”, dixo o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo. Segundo os nacionalistas, o seu partido ten demostrado a efectividade de políticas encamiñadas á peonalización dos centros das cidades e ao calmado do tráfico con experiencias, como a de Pontevedra, que acadaron recoñecementos internacionais.
“Daremos unha volta ao redor da muralla e por diversas rúas da cidade, para lembrar que queremos unha cidade para as persoas e non para os coches” explicou Arroxo. O BNG leva presentadas numerosas iniciativas no concello encamiñadas a implementar medidas que favorezan o uso da bicicleta e da peonalización na cidade de Lugo. O voceiro do BNG convida “a todas as persoas que aposten por unha mobilidade do século XXI para Lugo” a participar nun paseo en bicicleta neste 19 de maio.