O BNG pedirá a comparecencia da alcaldesa para que explique os compromisos do PSOE coa intermodal

O voceiro do BNG no concello de Lugo e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, anunciou a presentación dunha petición de comparecencia da alcaldesa “para que aclare todas as lagoas que quedaron sobre a intermodal e que teñen confundida a toda opinión pública”. Arroxo sinalou que “os desmentidos da Xunta e a confusa presentación do Ministro unicamente deixan claro que non hai vontade de facer nada máis que confrontar entre PP e PSOE”.

Para o BNG “a alcaldesa, debe dar explicacións sobre a proposta que teñen no PSOE e no goberno do Estado para a intermodal e sobre as negociacións mantidas entre Concello, Xunta e Estado para a suposta intermodal”. Para o BNG “a xente está farta das liortas entre a Xunta do PP e os representantes do PSOE nas institucións e de que se lles engane continuamente”.

Arroxo sinalou “o Ministro, na súa visita a Lugo, deixou moitas cuestións sen pechar e entendemos que a alcaldesa terá a información que non se deu na presentación pública do ante-proxecto”. “Gustaríanos terlle preguntado ao Ministro de Fomento, ou aos responsables do ADIF, unhas cantas cousas pero non tivemos oportunidade” explicou Arroxo. Para o voceiro do BNG “os anuncios sobre a intermodal son reincidentes nas épocas preelectorais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com