O BNG presentará unha iniciativa na comisión correspondente para solicitar “máxima axilidade” na colocación dos novos paneis informativos, con reloxo e termómetro, en diversos puntos da cidade. Rubén Arroxo lembrou que a principios de setembro foron retirados os 11 existentes na cidade e nada se sabe da colocación dos novos.
O voceiro do BNG pediu “axilidade” na tramitación desta cuestión por que “era un asunto previsible” e debería terse contemplado co tempo a renovación destes paneis dos que xa se sabía que o remataba contrato coa anterior empresa adxudicataria”, informou Arroxo. Para o BNG “é unha mostra máis do desleixo deste goberno que non é capaz de anticiparse a ningunha xestión por mínima que sexa”.
Cando foron retirados os paneis que estaban situados en diferentes puntos da cidade, o goberno municipal anunciou a instalación de novos paneis dixitais. “Pasaron máis de dous meses dende a retirada dos paneis instalados nas rúas e a día de hoxe non se sabe nada da instalación dos novos” sinalou Arroxo.