O BNG pedirá no pleno da Concello o apoio á ILP contra a pobreza enerxética

O BNG levará ao pleno do Concello de Lugo unha moción para solicitar o apoio da corporación municipal á Iniciativa Lexislativa Popular, que propón medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Rubén Arroxo explicou que está ILP está sendo impulsada por iniciativa da Confederación Intersindical Galega e ten como obxectivo principal garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galicia.

O texto da ILP inclúe diversas medidas para garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galicia. Ademais quedará preservada a enerxía como un dereito universal de todas as persoas ao benestar social. A proposción de Lei recolle tamén a definición do que se considera como pobreza enerxética.

Dende o BNG consideran “necesario” que as diferentes entidades locais e entes de carácter supramunicipal manifesten o seu apoio a esta inciativa que será debatida no Parlamento Galego porque “as institucións deben defender as persoas e non ás empresas e corporacións que empeoran a súa calidade de vida na búsqueda sin fin de beneficios económicos”.

Arroxo afirmou que “Galicia produce electricidade como Dubai petroleo, pero aquí a riqueza escapa do país” e explicou que “no Estado español impúxose o criterio dun sistema eléctrico único e de tarifa única, prexudicial para Galicia ao tratar por igual aos consumidores dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía”. É de salientar que as tarifas eléctricas no Estado español son as terceiras máis caras para o consumo doméstico e as oitavas para o industrial, segundo unha comparativa de Eurostat sobre trinta estados europeos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com