O BNG pedirá no pleno a posta en funcionamento dunha app para persoas xordas

O BNG presentará no vindeiro pleno municipal unha proposición para que o Concello de Lugo poña en funcionamento unha aplicación para teléfonos móbiles de cara a que as persoas xordas se poidan poñer en contacto cos servizos de bombeiros e policía local, en caso de emerxencia de forma totalmente independente,.

Segundo o voceiro da formación, Rubén Arroxo, trátase dunha demanda existente neste colectivo e que avanzaría na inclusión no concello. “A día de hoxe as persoas xordas non se poden comunicar cos servizos de bombeiros e policía local en caso de emerxencia, esta fórmula sería a solución” afirmou Arroxo.

Dende o grupo nacionalista aseguran que non existe ningunha complicación técnica para levalo a cabo, dado que se están a aplicar noutros concellos do estado. “Exemplos como Syspol092 ou SOR-POL, por citar algúns, son apps creadas nos concellos de Elche e Fuenlabrada, respectivamente, e que amosan a viabilidade deste proxecto”, explicou o portavoz do BNG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com