O BNG pedirá o apoio ao pleno do concello de Lugo para solicitar á Xunta que dea uso o antigo edificio de Aspnais

O BNG en Lugo, anunciou que defenderá no vindeiro pleno unha proposición para que a Xunta de Galiza poña en funcionamento o antigo edificio de Aspnais, situado na Rampa de Claudio López. Segundo o voceiro municipal “o estado deste edificio é un exemplo da relación da Xunta con Lugo, o abandono total tanto da cidade como destas instalacións que están chamadas a ter un importante peso na prestación de servizos sociosanitarios”.

Aspnais trasladou a súa sede no ano 2020, deixando este edificio sen actividades. O edificio, titularidade da Xunta de Galiza, actualmente atópase baleiro, deteriorándose debido á ausencia de actividade. Nos últimos 4 anos, a Xunta anunciou varios proxectos para executar nestas instalacións, dende albergar unha residencia para a terceira idade ata a cesión a colectivos sociais.

“Pasaron xa catro anos e vemos como a Xunta só fixo anuncios, pero ningunha destas propostas se volveu realidade”, aifrmou.”Lugo e a súa contorna teñen unha gran necesidade de servizos sociosanitarios públicos, e a Xunta ten abandonada unha instalación que podería acollelos”.

Segundo o representante do BNG, O 17 de novembro de 2020, a Xunta anunciou unha unha cesión dese edificio a AFALU (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo) e ALUME (Asociación Lucense pola recuperación e a integración das persoas con trastornos mentais), onde se aseguraba que con esta cesión se crearía unha residencia asistencial e un centro de día para persoas con alzhéimer, ademais dun centro de rehabilitación psicosocial e laboral, unha unidade de atención temperá, outra para a atención de trastornos de personalidade e un obradoiro de xardinería. “catro anos despois vemos como aínda non se materializou esta cesión e as distintas asociacións non puideron poñer os seus proxectos en marcha”, Subliñou.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com