O BNG pedirá unha marquesiña do bus en Fontiñas

Ediles do BNG visitaron a zona de Fontiñas para presentar a súa proposta de instalación dunha marquesiña na parada de bus que está nas inmediacións do parque de Fontiñas. Rubén Arroxo anunciou que levará esta proposta á vindeira comisión de infraestruturas para que o goberno municipal acometa a colocación da marquesiña no mínimo prazo posible. “O concello ten que atender estas pequenas intervencións por que melloran a calidade de vida e fan que Lugo funcione” dixo Arroxo.

Arroxo sinalou que se trata dunha petición veciñal xa que “no punto en concreto onde se atopa a parada de bus non hai edificios nin voladizos que sirvan para protexer da chuvia e do vento ás persoas que teñen que agardar polo autobús”. Rubén Arroxo fixo fincapé na necesidade de “traballar por un sistema de transporte público que funcione” e lembrou, unha vez máis “o escurantismo no que a alcaldesa mantén o que serán as novas liñas de autobús e as características do plan de transporte despois da renovación do contrato á empresa concesionaria”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com