O BNG pide no pleno a disolución de Suplusa

Un dos puntos máis importantes debatidos no pleno provincial que tivo lugar hoxe foi a moción nacionalista sobre a disolución de Suplusa que só obtivo o apoio dos socialistas. O voceiro nacionalista, Xosé Ferreiro, asegurou que os entes propios das administracións “son ferramentas útiles” pero “non o é que estes entes fagan a contra á Deputación e se enfronten con ela cada vez máis”. Pero os nacionalistas non só pedían a disolución de Suplusa senón que o complementaban coa creación dun novo ente propio dependente da Deputación.

Ferreiro lembrou que os conflitos comezaron no momento no que “as liortas internas do PSOE crearon unha bicéfala que nunca debeu existir e o PP quixo aproveitalo para conseguir réditos electorais”. “ O PSOE nunca debeu promover que a presidencia de SUPLUSA fose diferente da presidencia da Deputación, foi unha irresponsabilidade”, afirmou o voceiro nacionalista.

Antes de arrancar a sesión plenaria, o presidente da Sociedade Urbanística Provincial, Manuel Martínez, lamentou que o BNG sexa o “mamporreiro oficial dos socialarribistas” e que leve a pleno propostas que “o grupo de goberno non conseguiu sacar adiante”.

O certo é que a moción do BNG foi tamén sorpresa para o presidente do goberno provincial, Darío Campos, que xa tiña presentada unha iniciativa ao respecto en xuño e outra na Xunta Xeral de Suplusa. Para Campos Conde, a disolución da entidade “sería a mellor solución para evitar o que se está a converter a sociedade”.

Finalmente, bastou o rexeitamento dos populares e Martínez para lograr botar para atrás esta proposta dos nacionalistas.

Noutro senso, o BNG tamén solicitou ao pleno que o Goberno provincial inclúa nos Orzamentos do ano 2019 as partidas económicas necesarias para facer fronte aos acodos aprobados en plenos anteriores e que todavía non foron executados. Esta moción foi aprobada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com