O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da presentación dun rogo para que o goberno municipal ordene o arranxo das pistas de Castelo de Abaixo. “Recentemente fíxose unha obra no enlace da pista coa estrada que vai dende Lugo á Fonsagrada, pero o novo pavimento é de apenas 10 metros e o resto do vial, que chega ata o núcleo habitado, está nunhas condicións intransitables” explicou Arroxo.
Rubén Arroxo dixo que se trata de “obras trampa” por que dende a estrada xeral parece que se amañou a pista pero a realidade é que a pista para os veciños está chea de fochancas. Foron veciñas e veciños da zona quen trasladou esta demanda ao BNG para que se dea unha solución ao problema. O BNG levará un rogo á comisión correspondente para que o goberno municipal atenda as demandas veciñais.