O BNG pide que se analice a posible remunicipalización da rede de museos e da Oficina de Turismo Municipal

O BNG, presentou unha serie de preguntas para saber se o goberno municipal valorou en algún momento, estudar a remunicipalización dos centros museográficos e da oficina de turismo municipal.

Os nacionalistas levarán á comisión de Cultura e Turismo o acontecido coas bases elaboradas para o concurso de adxudicación da xestión, dos centros museísticos e da oficina de turismo.

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, estimou parcialmente un recurso presentado contra as clausulas fixadas polo concello de Lugo, para a selección de persoas nas bases do concurso público, para a contratación do servizo de apertura e atención ao público das salas museísticas municipais.

As reclamacións presentadas contra as bases, fórono polas titulacións esixidas para o persoal que atende os seis centros museográficos municipais.

Os nacionalistas queren saber cales son os criterios utilizados polo goberno municipal para definir as características do persoal que atende estes centros do concello e se existe algún control por parte de técnicos municipais sobre a xestión que está a facer a empresa que nestes momentos controla estes centros museográficos, así como de a Oficina de Turismo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com