O BNG pide que se estuden alternativas para aproveitar o espazo sobrante dos aparcadoiros soterrados

Tras a celebración da Comisión de Asuntos Económicos na que se tratou a ampliación do tamaño das prazas dos aparcadoiro soterrados, o voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, valorou que “ao goberno sóbranlle 1,30 metros nas futuras prazas dos soterrados e non se enteran”.

Arroxo volveu a sacar a pizarra para explicar a súa intervención nesta comisión na que “preguntamos, cunha gráfica, polo novo reparto dos espazos por que no documento que nos presentaron ignorábase que facendo ás prazas de 2,50 metros de ancho desperdícianse 1,30 metros de espazo”.

O BNG pide que se estuden alternativas para aproveitar este espazo e que sexan máis útiles para as persoas usuarias. “Este espazo poderíanse aproveitar para facer prazas máis anchas útiles para persoas con discapacidade, para o estacionamento de motocicletas, ou incluso crear prazas gratuítas para bicicletas ou outros vehículos de mobilidade persoal” afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo retomou a pizarra coa que fixo as contas, no pleno da corporación, dos 20.000 € que se gastan en pagar autobuses que dan voltas na rotonda da avenida de Madrid, para explicar como é o reparto de espazo que propón o goberno municipal e cal é a realidade. A distancia entre columnas é de 6,30 metros e está ocupada por 3 prazas de 2,10 metros. Na proposta do goberno municipal as prazas definense cunha anchura de 2,50 metros pero non se considera que quedará un espazo de 1,30 metros e que se debería aproveitar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com