O BNG pide que se roce a maleza do sendeiro que une o Miño co Rato

O portavoz do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, solicitou esta mañá a limpeza do sendeiro que une os parques do Miño co do Rato. Segundo Arroxo, a día de hoxe o sendeiro que está situado paralelo á N-VI “está practicamente pechado pola maleza”, causando molestias as centos de persoas que diariamente se moven pola zona nestes meses de verán.

Neste sentido, o concelleiro explicou que “non é aceptable que se deixe pechar o camiño pola maleza e máis na época na que máis xente pasa pola zona, nestes momentos nalgúns puntos cando se cruzan dúas persoas unha se ten que botar entre os arbustos, e o importante número de bicicletas que circulan teñen serias dificultades para pasar, nun sendeiro que cando está limpo ten un ancho cómodo e seguro”. 

En relación con isto, dende o BNG quixeron lembrar, que unha das pasarelas desa zona que fora destruída polas riadas de inverno segue sen restaurarse, impedindo cruzar á xente por ela, malia ser de moi pequenas dimensións. Rubén Arroxo fixo fincapé ademais nun acordo plenario do pasado mes de decembro. “I pleno municipal aprobou por unanimidade unha proposición do BNG para instar ás diferentes administracións que se faga un mantemento constante e un arranxo das deficiencias destes sendeiros, que son un espazo de ocio da veciñanza de Lugo, o certo é que precisamente dende que se deu este acordo, é cando menos atención se lle está a dar”, explicou o portavoz nacionalista.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Fina Senra Suarez
    Ago 25, 2016 - 06:24 PM

    Ben identificado,parabens pola revindicacion

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com