O BNG fixo hoxe unha valoración pública sobre esta lexislatura na Deputación de Lugo. Na rolda de prensa, interviron a Parlamentaria, Olalla Rodil, o voceiro na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, e o candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo. Tras os acontecemento ocorridos o martes no pasado Pleno, os representantes do BNG coincidiron en pedir “responsabilidade” e “sentido común” aos representantes públicos que forman parte das corporacións.
Olalla Rodil lamentou os acontecementos sucedidos no último pleno da Deputación, que cualificou como “vergoñentos” e dixo que esto reforza o plantexamento do BNG de camiñar cara a desaparición das deputacións e, “mentres esto non sexa posible, adelgazar as súas funcións en favor dos concellos, como xa se fixo nas de Lugo, Coruña e Pontevedra coa posta en marcha dun Plan Único” de reparto obxectivo de fondos aos entes municipais. Rodil tamén valorou positivamente o traballo feito polos deputados do BNG, tanto no goberno como na oposición.
Xosé Ferreiro lembrou, por exemplo, a proposta do BNG para crear un Plan Único de reparto de fondos entre os concellos. Un reparto obxectivo que non ten volta atrás, segundo o voceiro do BNG na Deputación. Ferreiro sinalou que “as Deputacións son organismos anácronicos” por que as persoas que forman parte da Corporación non son de elección directa e todos as súas actuacións non teñen unha repercusión directa sobre o voto. Ferreiro salientou as máis de 100 iniciativas presentadas polo BNG durante este mandato e sinalou “moitas delas marcaron o rumbou político da insititución”.
Rubén Arroxo referiuse, no ámbito municipal, ao feito de que o goberno municipal non destinase os fondos que recibe da Deputación á zona rural. Explicou que dende o BNG se fixera unha proposta, e había un acordo co PSOE, para que se destinasen os 500.000 euros do Plan Único á zona rural de Lugo, pero finalmente o goberno municipal invertiu estes cartos na zona urbana. Estes fondos irían destinados tanto ás pistas rurais como á creación dunha rede de abastecemento e saneamento de auga.
Mai 02, 2019 - 09:47 PM
@BNGLugo Os responsables de que o PSOE esté gobernando na Deputación foron os do BNG cando pactaron c… https://t.co/Ws6fYgxsrk