O BNG pide solucións para a iluminación do parque de Paradai

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, reclamou a inmediata posta en marcha do alumeado público do paseo do Rato na zona de Paradai. Arroxo indicou que a zona que carece de iluminación está situada nas inmediacións dos hortos urbanos da parte alta do Rato “a pesares de que hai farolas e luminarias instaladas e conectadas á rede dende o ano 2012 aproximadamente”. “Fíxose o gasto de instalación das farolas pero agora non dan servizo pola falta de xestión” dixo Rubén Arroxo.

Arroxo sinalou que esta zona foi urbanizada hai xa 7 anos, mais a pesar diso a día de hoxe segue sen funcionar o sistema de iluminación, cuestión que provoca incomodidades e inseguridade á veciñanza que vive na zona, especialmente as veciñas e veciños da rúa Camiño da Roca que atravesan polo propio parque de Paradai para acudir ás súas vivendas por ser o camiño máis curto.

Nesta zona existen vivendas nas inmediacións e sería unha zona moi utilizada durante as épocas de inverno nas que os días contan con poucas horas de luz. Para as veciñas e veciños que trasladaron esta cuestión ao BNG “non é entendible que non se dea unha solución para que as luminarias instaladas comencen a funcionar despois de tanto tempo”.

Rubén Arroxo “instalouse iluminación en todo o paseo do Rato e onde hai a instalación feita non se pon a funcionar”.  Para o BNG os investimentos públicos teñen que dar servizo ás persoas e non serivir unicamente para derivar cartos das institucións ás empresas que fan as obras de instalación “dende os gobernos existe a responsabilidade de finalizar e poñer a funcionar todo aquelo que se fai con fondos públicos” concluíu Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com