Xosé Ferreiro anunciou hoxe que o BNG solicitará a celebración dun pleno extraordinario no mes de agosto para levar, na orde do día, a disolución de SUPLUSA como asunto principal.
Segundo declaracións de Xosé Ferreiro “dende o BNG instamos a que o presidente da Deputación convoque xa dunha forma urxente un pleno extraordinario onde se leve como único punto da orde do día a disolución da sociedade e a disolución por parte da Deputación de todos aqueles compromisos que ten adquirido a propia sociedade”
Xosé Ferreiro lembrou que os enfretamentos internos do PSOE provocan unha paralización dos asuntos da Deputación e que neste momento haxa 30 traballadores de SUPLUSA sen cobrar a súa nómina.