O BNG pide un trazado alternativo para o ferrocarril e converter a Ponte da Chanca nunha vía verde

O voceiro do BNG no Concello de Lugo e candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, sinalou a necesidade de “tomar en serio o tema do ferrocarril e deixar as liortas entre PP e PSOE sobre unha intermodal que non se vai facer”. Arroxo propuxo que “se estude a posibilidade dun novo trazado do ferrocarril e así evitar a afección do Camiño Primitivo e contar cun acceso que tecnicamente poida soportar trens deste século”. A Ponte de Chanca é un dos elementos catalogados dentro da área de protección do Camiño Primitivo e as intervencións son moi limitidas neste tipo de elementos.

Segundo Arroxo “deberíase estudar a posibilidade dun novo trazado que conte cunha ponte de alta capacidade que soporte vía doble para que a modernización do ferrocarril sexa posible, por que esto é prioritario sobre os anteproxectos de intermodais”. Para Arroxo “queda cada vez máis claro que tiñamos razón cando plantexamos que a Ponte da Chanca non é o camiño máis axeitado para que o ferrocarril chegue a esa intermodal que nos anuncian cada catro anos”.

Reconverter a Ponte da Chanca nunha vía verde, a medio-longo prazo, esta é a proposta do BNG para unir a zona de Castelo coa cidade. Rubén Arroxo plantexou que “a Ponte da Chanca é un elemento patrimonial e así debemos consideralo, e atendelo dun xeito similar ao que se fixo coa Ponte Romana” por eso “propoñemos que, unha vez solucionado tecnicamente un trazado alternativo para o ferrocarril, a ponte da Chanca se converta nunha vía verde que una a cidade coa zona de Castelo, estendendo a rede de sendeiros que rodean a cidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com