O BNG preguntará no Parlamento Galego como vai rematar a Xunta a rehabilitación do barrio da Tinería. O deputado nacionalista Cosme Pombo reclama o cumprimento por parte do Goberno galego dos compromisos con esta zona privilexiada da cidade.
Pombo lembra que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo “paralizou todos os fondos que estaban destinados á recuperación da Tinería” e insiste en que, “cos investimentos necesarios, o barrio pode ser un referente do atractivo turístico de Lugo”.