O BNG presentará unha serie de preguntas ao goberno municipal para aclarar “en que fase se atopa a adxudicación ou a redacción dos pregos para licitar de novo a instalación dos paneis publicitario-informativos”. Rubén Arroxo lembrou que a principios de setembro foron retirados os 11 existentes na cidade e nada se sabe da colocación dos novos.
Cando foron retirados os paneis que estaban situados en diferentes puntos da cidade, o goberno municipal anunciou a insalación de novos paneis dixitais. “Pasaron máis de dous meses dende a retirada dos paneis instalados nas rúas e a día de hoxe non se sabe nada da instalación dos novos” sinalou Arroxo.
O voceiro do BNG pediu “axilidade” na tramitación desta cuestión por que “era un asunto previsible e debería terse contemplado con tempo a renovación destes paneis dos que xa se sabía que o remataba contrato coa anterior empresa adxudicataria” informou Arroxo. Para o BNG “é unha mostra máis do desleixo deste goberno que non é capaz de anticiparse a ningunha xestión por mínima que sexa”.