O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, preguntará na comisión correspondente en que situación se atopa a ampliación das prazas de aparcamento dos aparcadoiros soterrados. Arroxo lembrou que “a alcaldesa anunciou que ao final do verán estarían as plazas ampliadas e aínda non se fixo nada”. “Cando vai chegar o final de ano seguimos co mesmo problema a respecto das prazas de aparcamento nos aparcadoiros soterrados” afirmou o voceiro do BNG.
Rubén Arroxo sinalou que “no mes de febreiro de 2017 xa se anunciaran, dende o goberno municipal, negociacións coa empresa adxudicataria”. Segundo explicou Rubén Arroxo “tratábase de reordenar e redimensionar as 739 prazas dos tres aparcadoiros soterrados do centro da cidade para facelas máis accesibles e máis cómodas, e dende que se anunciou o pasado 17 de febreiro de 2017 non se volveu saber do asunto”.
Despois de que o BNG-AA sacara á luz a necesidade de facer modificacións no tamaño das prazas de aparcamento, o goberno municipal informou que o Concello chegara a un acordo coa empresa que explota este servizo dende 1986 e que ten unha concesión por 18 anos máis. A reordenación, que garantiría o “equilibrio económico” da concesión a través dunha prorroga, plasmaríase nun convenio e para que as prazas se converteran tres en dúas pero ata o día de hoxe non se fixo nada.