O BNG preguntará polo “desaparecido” Consello Municipal de Cultura

O BNG-AA preguntará na Comisión Municipal de Cultura polas intencións do Goberno a respecto do Consello Municipal de Cultura. A posta en marcha de este órgano fora proposta do BNG, que segundo explicou Maite Ferreiro “recollía, a nosa proposta, as inquedanzas de moitas persoas e colectivos relacionados co mundo da cultura“. Dende o 22 de febreiro de 2017 non se considerou necesario reunir a este Consello Municipal a pesares, explicou Maite Ferreiro, “de que a vida cultural no concello ten eivas estruturais importantes”.

No pleno de maio de 2016, por iniciativa do BNG, aprobouse a creación dun Consello Municipal de Cultura e Patrimonio, dende aquel momento nomeáronse representantes dos grupos municipais para a participación neste órgano, constituíse e formalizouse o sistema de funcionamento. Maite Ferreiro levará comisión preguntas encamiñadas a saber cal é o grado de execución dos acordos tomados na últimas xuntanzas do Consello Municipal de Cultura e  cando considera o goberno municipal volver a convocar xuntanza de este órgano.

No seu momento o BNG fixera unha proposta para que o Consello da Cultura contara cunha partida orzamentaria propia que permitise a organización e produción de actividade propia. Tratariase de que o Consello Municipal de Cultura e Patrimonio recibiese propostas e tivese capacidade para seleccionar e executar actividade cultural no concello “así levaríase a cabo unha programación cultural emerxente dende a base, sen necesidade de ter que someterse á arbitraria  decisión do goberno municipal”.

A principios de 2017, cando parecía que se reactivaba o funcionamento do Consello Municipal de Cultura e Patrimonio, iniciouse unha reforma do Regulamento anterior para adaptalo á situación actual “nada sabemos sobre o documento que se empezou a reformar, nin nada se nos dixo aos grupos municipais”. Ferreiro lamentou o “desleixo” do goberno socialista en materia cultural por que “parece que non se conta coas persoas e entidades que verdadeiramente traballan na cultura de base nesta cidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com