O BNG presenta a súa candidatura en Cospeito encabezada por Iolanda García

O BNG presentou hoxe a candidatura para as eleccións municipais no concello de Cospeito. Un total de 11 persoas conforman esta candidatura. “Presentámonos a estas eleccións municipais para facer de Cospeito un concello que esté ao servizo do povo, no que se cree emprego e riqueza” afirmou Iolanda García.

Segundo a candidata nacionalista “impulsaremos no concello un rural vivo, no que se potencie a actividade agraria, gandeira, económica e forestal para combater o despoboamento e crear riqueza e emprego en Cospeito” e engade “traballaremos por unha política consistente en dar servizo á veciñanza, ampliando os servizos públicos que se prestan desde o Concello e solicitando ao resto de administracións melloras nas prestacións dos servizos sanitarios, educativos, e de atención a persoas maiores, mulleres e crianzas”.

A candidatura do BNG é, en palabras de García “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer de Cospeito un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademáis a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.

A lista

  1. María Iolanda García Cabana
  2. José Barreira Alonso
  3. María Monsterrat Santiso Bello
  4. Alfonso Olegario Aguiar Ballesteros
  5. María Isabel Teijeiro Murias
  6. Carlos Montero Basadre
  7. María José Neira Maseda
  8. Miguel Lozano González
  9. Nuria Castro Vila
  10. David García Iglesias
  11. María Fé Novo Otero

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com