A concelleira de Cultura anunciou tras a Comisión de Festas de hoxe os avances que se realizaron nas últimas semanas de cara á organización do San Froilán 2020. “Seguimos pendentes da evolución da situación sanitaria e dos cambios que poida sufrir até o inicio das festas”.
O San Froilán 2020 contará cun total de 6 escenarios, con recintos acoutados e cadeiras para o público. “En total serán máis de 1.000 persoas as que cada día poderán entrar aos distintos concertos”, anunciou Maite Ferreiro, que engadiu “en cada un dos 6 recintos haberá espazo suficiente para que todas as persoas poidan gardar 1,5 metros de distancia de seguridade ao seu redor”. Os seis escenarios, situados no Paseo Fluvial do Miño, e nas prazas do Castiñeiro, Augas Férreas, Agro do Rolo, Camiño Primitivo e Horta do Seminario
Grupos locais realizarán, xunto con outros de fora de Lugo, un concerto diario en sesión de tarde, en cada un dos recintos durante a semana e dous nos días festivos e fin de semana, coa sesión vermú. O recinto histórico e distintos puntos da cidade acollerán tamén concertos itinerantes para evitar concentracións de xente e manter o espírito da festa.
aNo tocate á iluminación, a día de hoxe, aínda non hai prego de condicións para contratar a iluminación, que cambiará ao cambiar o formato das festas. Tamén iformaron que “nos vindeiros días fallarase o concurso do cartaz das festas”.
Resposta do PP
Os populares que asistiron á xuntanza da comisión de festas, explican que os nacionalistas “pretenden con un par de reunións dar carpetazo á participación aplicando o seu único criterio para patrimonializar as patronais de Lugo”. E lamentan que os nacionalistas “non teñan ningún estudo económico para organizar as patronais e lembran que o grosso dos ingresos desaparecerá ao non haber casetas, nin barracas” co que agarda que alomenos non haxa pérdidas”.
“Lamentablemente non cambian de mentalidade e aplican unha política de rodillo abrumadora deixando fóra todas as propostas que presentamos”, explicaban os populares. “Resulta indignante a falta de coherencia que os nacionalistas anulen o espíritu de cooperación lóxico nunha comisión deste tipo lembrando que “o BNG que criticou, durante anos, a soberbia do PSOE por facer reunións unicamente de cara á galería algo que agora eles mesmos repiten de forma máis descarada”. Conclúen.