O BNG de Lugo presentou hoxe o proxecto que defenderá para o espazo da actual Estación de Autobuses unha vez entre en funcionamento a futura estación intermodal.
O Portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que “rematar a Intermodal e deixar a estación actual, que xa está infrautilizada agora mesmo fai pensar que o PP non quere investir en Lugo”. Arroxo presentou as infografías elaboradas polo BNG, que propoñen converter este espazo nunha gran zona verde, crendo un aparcadoiro soterrado “que suprima definitivamente os problemas de estacionamento no centro de Lugo”, explicou Arroxo, que engadiu “incluso se podería estudar a unión co actual aparcadoiro da praza da Constitución”.
O BNG propón tamén a creación dunha parada para as liñas de transporte interurbano que desexen parar nesta zona da cidade, mantendo o resto do espazo como o que defuniu “o Parque Central de Lugo, unha nova praza verde integrada no casco histórico”.