O BNG presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para rexeitar a reforma dos rexistros civís

O BNG levará a debate unha moción no vindeiro Pleno do Concello de Lugo, para pedir a toda a corporación que exprese o seu rexeitamento á proposta do Goberno do Estado, relativa á reforma dos Rexistros Civís.

Deste xeito, o BNG instará ao Goberno do Estado á inmediata retirada deste proxecto de Lei no que segundo a reforma prevista, “o Rexistro Civil privatizarase e pasarán a ser un negocio para os Rexistradores da Propiedade”.

O candidato do BNG – AA, Rubén Arroxo, e a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, mantiveron unha xuntanza con representates da CIGa nos Xulgados de Lugo, para presentarlles a iniciativa que se tratará no pleno municipal do vindeiro 4 de maio.

Para Rubén Arroxo “esta privatización suporá un peor servizo para a xente que terá que pagar pola información que xestionen os rexistradores da propiedade e un problema laboral para as persoas que agora traballan nos rexistros civís dos xulgados”.  “O PP entregaralle este negocio aos Rexistradores de Propiedade e a xente terá que pagar polos documentos que solicite” concluiu Arroxo.

Oscar Freixedo que é o representante da CIG na xunta de persoal aclarou que “os traballadores levamos alertando desta situación e esiximos que o servizo se manteña en mans públicas e coa gratuidade que ten hoxe en día”. Freixedo dixo que “somentes hai 120 rexistradores da propiedade en todo o estado para darlle servizo a toda a poboación, mentres que agora todos os concellos teñen este servizo a través dos xulgados de Paz”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com