O BNG presentou a candidatura completa para as municipais na Pastoriza

O BNG presentou a candidatura completa para as eleccións municipais no concello da Pastoriza. Elva Carrera afirmou “continuaremos a facer unha xestión racional e rigorosa ”. Carrera deu conta das 11 persoas que forman a candidatura, a cal é completada por 5 suplentes. “Un grupo de persoas que teñen demostrada a súa valía en diferentes ámbitos profesionais e implicación política e social”.

Segundo a candidata nacionalista, “o medio rural será o noso piar fundamental, continuaremos a formar ás gandeiras e gandeiros,  e buscaremos o apoio da administración para a formación de nova man de obra para as explotacións” e engade “apoiaremos as iniciativas de concentración parcelaria entre particulares, e crearemos unha bolsa de terreos dispoñibles que sexan susceptibles de seren incorporados á labor labrega”.

A candidatura do BNG é, en palabras de Carrera “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer da Pastoriza un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademais a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.

A lista

  1. ELVA CARRERA GONZALEZ
  2. JOSE ANTONIO VEIGA PEREZ
  3. ROCIO LOPEZ PACIO
  4. VERONICA RODRIGUEZ GESTO
  5. JESUS OBARRIO PEREZ
  6. NOELIA IGLESIA SEIJO
  7. MANUEL SEIVANE VILA
  8. YOLANDA OTERO LOGILDE
  9. MARTIN GUTIERREZ MASEDA
  10. MIGUEL FOLGUEIRA BOUSO
  11. XOSE MARIA ELOI VILLADA LEGASPI

Suplentes

  1. EVA FERNANDEZ DIAZ
  2. BEGOÑA COYA MENDEZ
  3. XOSE REGUEIRO YAÑEZ
  4. DIEGO FERNANDEZ OTERO
  5. ARCADIO SANCHEZ LEGASPI

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com