O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral

O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral de cara ao 14 de abril. Nun acto con militantes e simpatizantes, Olalla Rodil afirmou que “nesta campaña queremos facer chegar a todos os concellos de Lugo o modelo do BNG, un modelo que xa se demostrou funcional nas cidades e vilas nas que gobernamos, e que agora imos aplicar na Xunta de Galiza”.

“Desde o BNG imos poñer de novo a Lugo no mapa da Xunta de Galiza, despois de 11 anos de abandono e esquecemento por parte do goberno do Partido Popular”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “precisamos recuperar os servizos públicos nos que o goberno do PP recortou nestes 11 anos, especialmente nas zonas rurais con servizos como a sanidade ou a educación, necesarios para conseguir que a poboación vexa o rural como un lugar onde asentarse e aproveitar así o seu gran potencial como motor do desenvolvemento económico de Galiza”. “Neste campaña queremos facer historia convertendo a Ana Pontón na primeira muller presidenta da Xunta de Galiza o vindeiro 12 de xullo”, sentenciou Olalla Rodil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com