O BNG presentou o cartaz de campaña nun acto diante da muralla

Os nacionalistas presentaron hoxe en Lugo, o cartaz co que pedirán o voto durante a campaña electoral de cara ao 18 de febreiro. Nun acto con militantes e simpatizantes, Olalla Rodil afirmou que “nesta campaña faremos chegar a todas as galegas e galegos o modelo do BNG, un modelo que pensado para mellorar a vida das nosas veciñas e veciños”. E continuou  “imos poñer de novo a Lugo no mapa da Xunta de Galiza, despois de 15 anos de abandono e esquecemento por parte do goberno do Partido Popular”, afirmou Rodil.

Para a cabeza de lista do BNG a sanidade será un dos eixos da campaña do BNG, “é un dos servizos públicos que máis sufriron estes 15 anos, e un dos máis importantes para garantir a boa calidade de vida das veciñas e veciños”,

Rodil anunciou que o BNG poñerá en marcha un plan de Mellora da Atención Primaria, incrementando o orzamento adicado á sanidade pública ata chegar ao 25% do destinado a sanidade ao final da lexislatura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com