O BNG programa para mañá un acto ciclista reivindicativo para pedir, novamente, un Xulgado de Violencia de Xénero en Lugo, co motivo do Día da Bicicleta

O BNG ten programado para mañá mércores, Día Internacional da Bicicleta, un acto lúdico – reivindicativo baixo o nome BICIS POLA IGUALDADE para demandar novamente un xulgado de violencia de xénero para Lugo.

A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, explicou que se trata dunha aposta por continuar, esta vez en bicicleta, coa reivindicación que leva facendo o partido nacionalista na cidade de Lugo dende fai anos.

Ás 18.00 horas de mañá instalarase no tramo peonil da rolda da Muralla un mesa de recollida de sinaturas e sairá unha marcha ciclista que transitará polo centro da cidade e dará unha volta á rolda da muralla.

A xornada rematará cun acto sobre Patriarcado e Capitalismo que terá lugar no centro social Uxio Novoneyra ás sete e media no que participarán a parlamentaria Olalla Rodil e a Doctora en Economía Mari Carme García Negro.

Noutro orde, o bloque nacionalista lucense anunciou esta mañá que levará ao pleno municipal da próxima semana unha petición para que se faga público o proxecto de transporte que a empresa adxudicataria dos autobuses urbanos tería que ter presentado ao goberno municipal a principios deste ano.

Rubén Arroxo, voceiro do BNG-AA, lembrou que a empresa tiña un prazo de un ano dende a sinatura do contrato que se produciu a principios de 2016 “e a día de hoxe non foi feito público”. Arroxo avanzou que o seu partido ten “propostas e suxerencias para o transporte urban e por iso é necesario que se dea a coñecer ese proxecto” que a empresa adxudicataria tiña a obriga de presentar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com