O BNG propón a ampliación do Polígono Industrial de Palas para evitar a fuga de empresas

O voceiro do BNG no concello de Palas de Rei, Manuel S. Pardellas, anunciou a presentación dunha proposta para que se proceda á ampliación do Polígono Industrial de Palas. Manuel S. Pardellas sinalou “hai empresas que marchan de Palas por que non poden conseguir solo industrial”. Algúns empresarios xa manifestaron a súa intención de trasladar as súas empresas a municipios limítrofes.

O BNG trasladará esta iniciativa ao concello para que se fagan os trámites pertinentes e se consigan os recursos necesarios de cara a esta necesaria ampliación. Pardellas lembrou como a primeira fase do polígono industrial se levou a cabo cando o BNG tiña responsabilidades de goberno na Xunta de Galiza e “dende aquel momento a ampliación está bloqueada por intereses particulares e o concello non fai nada para que as empresas locais poidan acceder ao terreo que precisan”.

Pardellas denunciou a falta de compromiso do goberno municipal e, en concreto, do alcalde “por que todos os anos anuncia a ampliación do polígono industrial cunha terceira fase que nunca se fai”. O BNG seguirá presentando iniciativas nas institucións para que Palas poida contar coa debida ampliación do polígono e que se poida fomentar a creación de emprego e o mantemento das empresas no termo municipal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com