O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, visitou a praza do Agro do Rolo acompañado do presidente de UNAVE, Valentín Árias e de Daniel Cabana, membro da candidatura do partido nacionalista. Arroxo lembrou que o BNG no seu paso polo goberno municipal xa deu pasos para humanizar esta praza e sinalou que é necesario humanizar espazos como esta praza, buscar solucións aos problemas de estacionamento e adecentar o entorno para dar calidade de vida á xente da zona.
E engadiu: “Temos claro que mellorar a praza do Agro do Rolo, igual que outras zonas de cidade, é cuestión de vontade e de escoitar ás persoas que viven na zona afirmou Arroxo”.
No tocante á cultura urbana, o candidato nacionalista apuntou a necesidade de, eliminar as pintadas pouco estéticas e de chegar a acordos para crear zonas de pintada que contribúan a mellorar a imaxe do barrio. Para o candidato do BNG-AA esta praza carece de sombra para o verán, de abrigo para o inverno, de zona de xogos para os nenos e nenas e engadiu que facer esto non é unha grande inversión é cuestión de facer que Lugo funcione.
Rubén Arroxo: