O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou hoxe que presentará unha proposta para que se incorpore ao proxecto que se desenvolva cos fondos europeos do Plan EDUSI a creación de piscinas públicas termais. Arroxo dixo que existen vetas de auga quente no entorno do balneario que se poderían aproveitar para crear estas piscinas exteriores de acceso gratuíto.
O voceiro do BNG-AA dixo que esta é unha das propostas que a súa formación presentará para incorporar ao proxecto Muramiñae que se financie cos fondos europeos do programa EDUSI. Arroxo sinalou que “Lugo vai contar cun total de 12,5 millóns de euros para este programa de debemos de facer, todos e todas, as aportacións que consideremos para que estes cartos sexan positivos para a cidade e o seu entorno”.
A creación de piscinas termais públicas exteriores encaixa perfectamente dentro das liñas estratéxicas do Muramiñae que ten, entre os seus obxectivos, o impulso do entorno fluvial con novas dotacións que sirvan como atractivo desta zona. Segundo o voceiro do BNG “a creación destes espazos suporía un atractivo máis no entorno do balneario e a ponte romana que estaría activo durante todas as épocas do ano”.
Rubén Arroxo sinalou que en Ourense xa existen piscinas deste tipo que teñen un grande éxito entre a poboación local e que atraen a multitude de visitantes. O complexo de A Chavasqueira foi o primeiro dos postos en marcha no concello de Ourense que depois completou a súa oferta con outras zonas termais públicas no entonro do río Miño. Arroxo dixo que “en Lugo é perfectamente realizable por que existen betas de auga quente que se están perdendo de utilizar”.
“O BNG-AA xa incluira esta proposta nos seus programas electorais e este momento de poder efectivizala grazas aos fondos europeos do Plan EDUSI”, sinalou Arroxo. Esta proposta non é unha novidade xa que o BNG defendeu, dende fai tempo, esta actuación xunto con outras, como a zona pública de baño ou un centro de interpretación do río Miño, para poñer en valor a zona fluvial de Lugo e convertela nun atractivo máis para lucenses e visitantes.
Nov 26, 2016 - 04:45 PM
Con el caciquismo que hay el lugo? NI DE COÑA