O BNG propón a peonalización do tramo da mosqueira na Rolda da Muralla

O BNG propón iniciar o proceso de peonalización do tramo da Mosqueira na Rolda da Muralla. Os nacionalistas levarán unha proposición non de lei ao vindeiro pleno do concello no que solicitarán que se inicie dito proceso.

Para o voceiro do bloque, Rubén Arroxo, a Mosqueira “é o símbolo emblemático da nosa cidade e un dos pasos que temos que dar para poñelo en valor é a peonalización deste tramo da Rolda da Muralla”. Arroxo afirmou que a peonalización da muralla é un proceso “necesario e imparable” no que “nos temos que implicar para facer de Lugo unha cidade máis humana”.

Rubén Arroxo realizou estas declaracións no día da bicicleta e aproveitou para felicitar ao Goberno municipal polo anuncio feito sobre a instalación de prazas de aparcamento para bicicletas na cidade. Con todo, reclamou que se inicie a posta en marcha de “medidas reais” que sirvan para incentivar o uso da bici.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com