O BNG propón que se acometa un mantemento de elementos urbanos

BNG reclama do Concello que se atenda, con mantemento ordinario, todos aqueles elementos de xestión municipal que se atopan inutilizados ou con deficiente funcionamento. Rubén Arroxo sinalou que “o concello de Lugo precisa ter a alguén que se preocupe de certas cousas coas que tropezamos todos os días e vemos como seguen sen funcionar”. Os colectores de lixo da pza. da Soidade, a fonte do Carril dos Fornos ou a Iluminación do convento de Sto Domingo poderían funcionar e dar outra imaxe de Lugo.

Arroxo sinalou que “foron moitos os fondos públicos que se gastaron en implantar estes elementos na centro da cidade pero non se fixo mantemento dos mesmos e agora están inactivos e dando unha mala imaxe da cidade”. O voceiro do BNG, e candidato á alcaldía, explicou que “o Concello conta cos medios para atender estas pequenas infraestruturas, pero non hai decisión política para facelo”.

“Estamos recibindo suxestións de moita xente a través da nova APP do BNG na que nos plantexan melloras para a cidade que son totalmente asumibles” explicou Rubén Arroxo e lembrou que “a pasada semana puxemos a funcionar unha aplicación para dispositivos móbiles que a veciñanza de Lugo xa está a utilizar para que facernos chegar queixas e propostas sobre a nosa cidade”. Arroxo anunciou unha campaña para promocionar a utilización das redes sociais e aplicación para móbiles do BNG de cara a “facer que Lugo funcione”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com