O BNG propón seis zonas para crear aparcamentos disuasorios gratuítos

O BNG no Concello de Lugo propón seis zonas da cidade para crear aparcamentos disuasorios gratuítos, dados os problemas de estacionamento existentes na cidade tralo peche do aparcamento do Hospital San Xosé. Entre as zonas que propoñen os nacionalistas están diferentes terreos ubicados, dunha banda, na zona de Fontiñas e o Conservatorio; que sumarían uns 6.600 metros cadrados, na zona centro, nas inmediacións da Porta Miñá e en Paradai e, por último, na intersección da rúa Reverendo Xosé Fernández Núñez coa rúa Alfredo Vila.

Segundo o voceiro dos nacionalistas, Rubén Arroxo, a día de hoxe “cómpre máis que nunca traballar neste sentido” dado que “nos imos atopar cunha volta de vacacións con grandes problemas para atopar onde estacionar”. “Dende este luns o aparcadoiro do San Xosé que acollía a un importante número de vehículos de persoas que se achegaban ao centro permanece pechado e iso constitúe un problema”, apunta Arroxo. Dende o BNG tamén afirmaron que unha parte considerable do tráfico existente é dado por vehículos que dan voltas buscando unha praza para estacionar, “se queremos unha cidade máis amable, precisamos eliminar ese tráfico na maior medida posible”.

Deste xeito, para o BNG a creación de aparcadoiros disuasorios “é unha cuestión de vontade e de que o Goberno municipal negocie cos propietarios para poñelos ao servizo das veciñas e veciños, mentres os seus donos non fagan uso deles”, concluiu Arroxo. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com