O BNG propón unha Axencia Galega de Ciencia para “poñer a Galicia na elite da investigación”

A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto con Mar Pérez Fra, profesora da USC, mantiveron un encontro con integrantes da comunidade universitaria de LugoNesta xuntanza o a candidata do BNG presentou unha postura de rotundo apoio á universidade pública e cualificou á investigación como un “eixo estratéxico para o desenvolvemento económico e a modernización de Galicia”. 

Para isto, segundo Olalla Rodil, “a solución a 11 anos de recortes para por facer unha aposta firme pola modernización da investigación en Galicia”. Olalla Rodil propuxo a creación “dunha Axencia Galega de Ciencia que agrupe os fondos dedicados ao investimento e que permita definir unha carreira investigadora que permita condicións de traballo dignas e de calidade para as investigadoras, tanto na etapa laboral como na formativa”. 

“Galicia está á cola da Unión Europea en investimento en ciencia e innovación, cun 0.87% do nos PIB, actualmente estamos por debaixo do investimento do ano 2008”; afirmou Olalla Rodil, que comparou estes datos co 2% da media europea ou o 1,82% do País Vasco, territorio que, segundo afirmou Olalla Rodil, “fixo unha aposta decidida pola investigación e creación de coñecemento”. Olalla Rodil afirmou que o horizonte “é situar progresivamente o investimento nun 2,5% do PIB”. 

“A partir do 5 de abril traballaremos en mellorar condicións de financiamento para o Sistema Universitario Galego que garanta recursos suficiente para as universidades públicas de Galicia”, sentenciou Olalla Rodil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com